RISING

 

Título del proxecto: RISING (RICH STIMULATION DAILY LIVING) – Estudo de investigación sobre a efectividade de terapias cognitivas baseadas en actividades cotidianas, a través da monitorización non invasiva das persoas usuarias

Membros do consorcio: Atendo Calidade S.L., Balidea Consulting & Programming S.L., Soluciones Conceptuales e Innovación S.L. (FrutoDS)

Centros de investigación participantes: Fundación Ramón Domínguez, Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI)

obxetivo do proxecto é investigar a efectividade das terapias cognitivas baseadas en actividades cotiás da persoa usuaria, para o tratamento do deterioro cognitivo leve (DCL). Para elo, se contempla o deseño e desenrolo dunha ferramenta que dotará de autonomía aos pacientes para que poidan seguir vivindo nos seus fogares, dará tranquilidade aos familiares e aportará información aos profesionais médicos. Esta ferramenta foi bautizada co nome de NETA, pois pretende emular a esa neta que coida do seu abo sen resultar intrusiva.

RISING puxose en marcha en Febreiro de 2016 e durará ata Novembro de 2018.

Principais avances: a novembre de 2016 se está elaborando o estudo de investigación, no que se define a muestra e os grupos, as variables, a precisión e validez, así coma o plan de análise e a normativa legal e as consideracións éticas a ter en conta. Tamén se están especificando os requisitos clínicos e técnicos para o deseño e o desenrolo das ferramentas non invasivas de soporte ó estudo clínico, concretamente se están analizando os insights e condicionantes da persoa usuaria e se está realizando a definición de concepto das ferramentas tecnolóxicas de base.

Proxecto subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional, FEDER, da Unión Europea.

En novembro de 2017 alcanzamos a segunda anualidade do proxecto, onde se traballa coas conclusións extraídas na fase inicial de análise para chegar a unha batería de solucións que foron modelando un concepto claro de ferramenta. Centrado en facilitar a usabilidade, apoiarse en mellorar o contacto con familiares e coidadores como gancho para conseguir adherencia por ambas partes, e aproveitando a infinidade de posibilidades que nos ofrecen as TICs para extraer e monitorizar datos que melloren a actividade profesional e a eficacia clínica. Achegase un nivel avanzado do deseño da interface da ferramenta, programación parcial e primeiras probas con persoas usuarias, á espera de seguir evolucionando a ferramenta a partir do feedback obtido.

En decembro de 2018 rematou o proxecto. Nesta última anualidade traballouse en terminar o desarrollo da plataforma do servidor, así coma o desarrollo de clientes lixeiros (web e plataformas móviles). Esta anualidade tamén se centrou no piloto de probas, o cal incluiuse definir o entorno de probas (tanto profesional coma doméstico), seleccionar e formar aos profesionais e persoas usuarias piloto, obter a aprobación do estudo por parte do Comité de Ética do Servizo Galego de Saude, a implantación e execución da proba piloto, e a avaliación de resultados.