UNIDADE de memoria

Ante o aumento de casos con diagnóstico de deterioración cognitiva leve ou detección temperá do desenvolvemento dunha demencia, percibimos a necesidade de crear unha atención especializada diferenciada no centro.

Onde o deixei…?, como se chamaba…?, a por que viña…?, tomei xa a medicación…?, que era o que tiña que mercar…?, que número era…?

IMPORTANTE PARA AQUELAS PERSOAS:

  • Con fallos de memoria repetidos en tarefas do día a día
  • Fallos nos recordos de hoxe e non, nos de hai anos
  • Despistes e confusións que ocorren con frecuencia
  • Preocupados porque a súa memoria falla e non lembra como antes
  • Con deterioración cognitiva leve

PARA QUE SERVE:

  • O exercicio de memoria aseméllase ao exercicio físico, xa que, canta máis actividade realicemos, mellor vai responder e con mellor axilidade poderá adaptarse a diferentes situacións.
  • A actividade dirixida en grupo reducido (máximo 6 persoas) supón o esforzo na concentración e atención, e repercute ademais moi en positivo en habilidades para se desenvolveren nos fallos de memoria.

COMO O REALIZAMOS:

  • Grupo reducido dun máximo de 6 persoas
  • Dúas sesións á semana
  • Traballando a memoria inmediata, recente e de traballo
  • Sesións intensas con cambio rápido de actividades, para provocar a mellora da atención e da concentración
  • Un método propio desenvolvido ao longo dos máis de 10 anos de experiencia no traballo da intervención en problemas de memoria
  • Explicando sobre o que sucede coa memoria e por que suceden os fallos. Tamén aos familiares

“A memoria fortalécese usándoa e aproveitándose dela. Ademais, as persoas que acoden teñen un motivo para saír de casa e participar socialmente nunha actividade que lles reporta moitos beneficios e satisfaccións.”

¡Pide cita para reunirnos!

Unidad de memoria