NETAV3A

Título do proxecto: NETA V3A Asistente virtual para envellecemento activo-Virtual Assistant

For Active Aging

Membros do consorcio: Atendo Calidade S.L., Balidea Consulting & Programming S.L., Soluciones Conceptuales e Innovación S.L. (FrutoDS), Ledisson A&IT, S.L.

Centros de investigación participantes: Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT).

obxetivo xeral de NETA V3A é desarrollar un robot asistencial 100% galego que axude ás persoas maiores a permanecer no seu entorno o maior tempo posible, fomentando hábitos de vida saudable, apoiando tratamentos farmacolóxicos e médicos, monitorizando e ofrecendo seguridade. Do mesmo xeito, pretendese que o noso Robot non so cumpra con unha tarefa asistencial, senon tamén social, proporcionando acompañamento por medio da intelixencia artificial e facilitando as videochamadas, así coma fomentando unha participación activa da persoa no seu entorno. No seu conxunto NETA V3A, pretende ser unha ferramenta de prevención, un verdadeiro asistente persoal de empoderamento en envellecemento activo.

NetaV3a pusoxe en marcha en Xuño de 2018 e durará ata Septembro de 2020.

Principais avances: A novembro de 2018 estanse a definir as funcionalidades e requisitos, analizando o estado da arte de bots e interfaces conversacionais, o uso de robots sociais na atención asistencial, as solucións robóticas de base, as boas prácticas nun Modelo de Atención Centrada na persona (ACP), os casos de uso de ACP aplicables a un escenario de Asistencia Virtual e os códigos visuais entre persoa e robot. Tamén comezaron as actividades relacionadas coa definición conceptual do robot, concretamente as relacionadas coa conceptualización das prácticas ACP e o deseño dos fluxos de traballo asistencial integrando centros, familiares e asistente vitrual, e as relacionadas co deseño e desenrrolo da plataforma, centradas polo de agora no deseño da arquitectura da plataforma asistencial.

Proxecto subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional, FEDER, da Unión Europea.