Historia

Ayuda a domicilio

Atendo comeza o seu camiño na mesa da cafetería da Universidade da Coruña, mentres cursabamos o Mestrado en Residencias e Atención á Terceira Idade. Entre as clases e a cafetería o proxecto foi tomando forma, tanto no contido como nas persoas que o habiamos de levar adiante.

No ano 2000 nace Atendo como un concepto integral de servizos ás persoas maiores: centro de día, axuda a domicilio e formación… Logo, co paso dos anos fomos ampliando servizos como: talleres de memoria, clínicas especializadas, axudas técnicas e vivenda comunitaria.

O noso obxectivo chámase facer ben as cousas, resolver as necesidades das familias, ser bos profesionais e prestar os nosos servizos coa maior calidade posible, rodeados do mellor equipo.

NUNCA CREMOS QUE PUIDÉSEMOS TRANSFORMAR O MUNDO CON ESTE PROXECTO...

… pero si transformar e mellorar cada día a vida de moitas persoas maiores e as súas familias, e esta é a maior motivación para seguirmos a traballar coa mesma ilusión.

Contacta connosco