AXUDA a domicilio
Ofrecemos o noso servizo desde unhas poucas horas ao día ou á semana
Un servizo que se dirixe especialmente a persoas en situación de dependencia, persoas maiores con discapacidade, pero tamén a toda aquela persoa que, por unha situación concreta (postoperatorio, lesión…) ou para conciliar a súa vida familiar e laboral (limpeza, preparación de comidas…), precise atención e coidado profesional sen saír do seu domicilio.
Persoas en situación de dependencia
- Aseo e hixiene persoal (vestir, peitear, afeitar, hidratación e coidado da pel, hixiene bucal, baño en cama ou ducha…)
- Apoio nas mobilizacións (erguer e deitar, traslados polo domicilio…)
- Servizo de compañía (ler e comentar a prensa e as noticias diarias, acompañamento ás citas médicas, paseos, xogos, saídas sociais fóra do domicilio: misas, ceas, actos oficiais)
- Axuda na alimentación (preparar comidas, control de dietas, dar comidas, compras)
- Control de medicación
- Axuda na rehabilitación (axuda e seguimento de tratamentos ou terapias, obradoiros de memoria, obradoiro de linguaxe…)
Fogar e familia
- Limpeza xeral do domicilio
- Lavado e pasada de ferro de roupa
- Entrega e recollida de roupa en tinturería
- Preparación de comidas e control de réxime
- Realización de compras domésticas
Servizos profesionais a domicilio
- Fisioterapia
- Podoloxía
- Enfermería
- Perruquería

“A calidade no servizo está nas persoas que enviamos aos domicilios e nas coordinadoras que as xestionan, e niso presumimos de ter os mellores profesionais”
¡Pide cita para visitarnos!
